Rematadas as obras de recuperación e rehabilitación do Parque Lucinda, en Barbadás

O Concello de Barbadás iniciou a mediados de outubro as obras de reforma, recuperación e rehabilitación do Parque Lucinda, situado en Fonsillón. Uns traballos que remataron esta semana e contaron cun investimento de arredor de 60.000 euros.
A actuación tivo como obxectivo recuperar un espazo que ata o de agora tiña un uso residual e convertelo nun lugar de encontro e lecer pensado para persoas de todas as idades. Dende o Concello informan de que, a partir de agora, a veciñanza poderá gozar deste novo espazo de lecer.
O proxecto, deseñado por un equipo especializado en espazos urbanos e de mobilidade, contemplou a intervención sobre unha superficie de 982 metros cadrados distribuídos en tres niveis. O parque constade tres zonas diferenciadas, unha inferior, destinada a merendeiro, a do medio, na que haberá un parque infantil, e a superior, cunha zona destinada ao deporte.