Rematan as obras de humanización da praza de Fonteboa, en San Cibrao das Viñas

Os traballos, cun investimento total de máis de 133.000 euros, tiveron como obxectivo acondicionar a praza xerada na confluencia das rúas Fonteboa e Camiño da auga
obras-humanizacion-fonteboa
13 Jan 2026

Este martes remataron as obras de humanización dunha praza en Fonteboa, no Concello de San Cibrao das Viñas, grazas a un acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o ente municipal, que contou cun investimento de máis de 133.000 euros, dos que o 70% foi unha achega do Goberno galego.

O obxectivo desta actuación foi humanizar a praza xerada na confluencia das rúas Fonteboa e Camiño da auga, coa remodelación total do ámbito, incluíndo a dotación de novo arborado, mobiliario urbano e luminarias.

Os traballos consistiron na pavimentación da praza, nalgunhas zonas con lastras de granito e noutras con formigón e na construción dunha beirarrúa de 2m de ancho. Ademais, entre as actuacións máis destacadas está a demolición do muro e lavadoiro existente para a súa posterior reconstrución, así como as actuacións de drenaxe completa no recinto. A reforma completouse oa colocación de dúas novas luminarias e dun cartel coa lenda “Fonteboa”, así como na habilitación de catro alcorques con colocación de árbores, catro xardineiras con arbustos; e a instalación de seis bancos e papeleiras.

A intervención desenvolveuse ao abeiro do chamado plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego en 2010 co fin de axudar ás administracións locais a financiar este tipo de iniciativas que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza.

⚙ Configurar cookies
0.094749927520752