Renfe recuperará a partir do próximo 17 de decembro os Alvia Lugo-Madrid
LugoXa | RibeiraSacraXa | OurenseXa
Así o anunciou a compañía, unha vez esta realizou a habilitación dos maquinistas tanto en vehículos como na renovada infraestrutura entre Ourense e Monforte
14 Dec 2024
Renfe recuperará a partir do próximo 17 de decembro os Alvia Lugo-Madrid sen transbordos por estrada.
Así o anunciou a compañía, unha vez esta realizou a habilitación dos maquinistas tanto en vehículos como na renovada infraestrutura entre Ourense e Monforte, esixida pola normativa en materia de seguridade ferroviaria.
Ademais, desde o 15 de decembro tamén volverán circular sen necesidade de realizar transbordo por estrada a Media Distancia A Coruña-Ourense, Vigo-Ourense-Ponferrada, Ourense-Ponferrada e Ourense-Lugo.