Renovación do grupo municipal do BNG de Baños de Molga

OurenseXa
Serán Alba Carrera e a Rubén García os novos concelleiros
Alba Carrera, Rubén García, Xaquín Mendez, Xaime Iglesias do bng
Imaxe dos anteriores e os novos concelleiros do BNG de Baños de Molga
20 Xul 2024

Xaime Iglesias e Xaquín Méndez despedíronse do grupo municipal do bloque de Molgas e dan paso a novas caras no grupo municipal. Pasando a ocupar o seu lugar Alba Carrera e a Rubén García como novos concelleiros do BNG.

Alba Carrera Doval de 26 anos, médica de profesión é de Froufe e Rubén García García de 28 anos, traballa no sector do metal e é Nocelo. Son os dous os novos concelleiros da fronte nacionalista en Baños de Molgas  “eles serán quen de rocoller, nesta lexislatura, as inquedanzas veciñais e darlles traslado á institución municipal”, sinalaba o até agora voceiro municipal do BNG de Molgas, Xaime Iglesias.

Deste xeito o grupo municipal do BNG queda renovado e constituído por Alba Carrera, Rubén  García e María Manga que actualmente tamén é deputada provincial na Deputación de Ourense.

Xaime Iglesias e Xaquín Méndez declaraban  que “foi unha honra inmensa facer parte da vida política deste concello, sobre todo desde as tarefas de goberno, representando a todos e cada un dos veciños e veciñas deste municipio”.

Iglesias e Méndez dan este paso, pero enfatizando que “aquí seguiremos, apoiando e aportando ideas e compromiso ao proxecto do BNG para o concello de Baños de Molgas” e resaltan o agradecemento a Alba e Rubén ao manifestar que “agradecemos o compromiso que adquiren e desexámoslles que poidan desfrutar do servizo público, como nós o fixemos”.

Deste xeito prodúcese unha remuda no grupo municipal do BNG de Molgas tras un período que iniciou en 2007, cando Xaime Iglesias encabezou por primeira vez as listas do BNG do concello, feito que se repetiu nos anos 2011, 2015, 2019 e 2023. “Neste período o BNG de Molgas tivemos a inmensa responsabilidade de liderar o goberno municipal do ano 2015 ao 2023” lembra Iglesias, que continuaba indicando “co compromiso adquirido ao longo dos anos previos de mellorar a vida da veciñanza”.

Tal como sinalou Xaquín Méndez “Carlos Borrajo, Bruno, María, Vanessa, Carlos Pérez, José, Alfonso, Manolo, Pepe e Xaime fomos as caras visibles da historia do nacionalismo no concello de Baños de Molgas durante os últimos 45 anos; máis ao noso carón houbo e hai moitas máis persoas apoiando, colaborando e aportando ideas para que o BNG siga sendo fundamental para o futuro municipal”.

Para dar un paso adiante é moi recomendable  mirar cara atrás; non só para aprender dos erros, senón para recordar o feito e valorar o que somos e a onde chegamos, sinalaba Xaquín.

0.096728086471558