Ron Lalá trae a Ourense o seu espectáculo "4x4"
A compañía Ron Lalá traerá a Ourense o seu novo espectáculo, titulado "4x4". A cita terá lugar o vindeiro sábado 13 de marzo ás 20.00 horas no Teatro Principal de Ourense.
A obra está dirixida por Alvaro Tato e o elenco o conforman Juan Cañas, Miguel Magdalena, Diego Morales, Luís Retana, Daniel Rovalher.
Sinopse
Catro espectáculos nun. Unha festa do humor crítico e cítrico. Unha viaxe ás catro primeiras obras de Ron Lalá. Un percorrido polas escenas esenciais dos espectáculos que a consolidaron como unha das compañías máis premiadas e aclamadas por crítica e público: Mi misterio del interior, Mundo y final, Time al tiempo y Siglo de Oro, siglo de ahora.
O equipo actual de ronlaleros ofrece en escena unha retrospectiva comprimida e esencial dos catro espectáculos que definiron o seu inimitable estilo. Ron Lalá consolidou a súa traxectoria grazas ó enorme respaldo do público, o entusiasmo da crítica, os galardóns e as xiras nacionais e internacionais obtidas por catro espectáculos estreados en só sete anos, de 2005 a 2012: teatro, música en directo, ritmo trepidante e un sentido do humor propio foron os trazos definitorios dunha maneira de vivir a arte escénica que deixou pegada ao longo da súa rápida evolución. Terminou a espera. É momento de ofrecer unha retrospectiva das catro obras para gozar a fondo do humor poético e musical de Ron Lalá.