Rubén Simeó ofrecerá un concerto este domingo en Allariz

OurenseXa
O trompetista internacional actuará xunto á Unión Musical de Allariz
Ruben-simeo
Ruben Simeó
20 Sep 2025

O trompetista internacional Rubén Simeó chega a Allariz este domingo 21 de setembro co seu “Tour 25”. O concerto celebrarase ás 19:00 horas no marco do Festival Internacional de Xardíns e contará coa participación da Unión Musical de Allariz baixo a dirección de Nieves Llopis Tormo.

Durante a actuación, os asistentes poderán gozar de grandes clásicos como My Way, Can’t Help Falling in Love ou Ballade for Adeline.

As entradas, a un prezo de 10 euros, xa están á venda en Papelerías Punto e Aparte, Libraría Aira das Letras e Artesanía e complementos A Tulla. Esta cita promete ser unha oportunidade única para vivir unha velada musical especial en Allariz.

⚙ Configurar cookies
0.10672903060913