San Cibrao contará coa primeira área de estacionamiento protexida de vehículos pesados

O Polígono contará cunha área de estacionamento segura e protexida con perspectiva de xénero antes de 2025
rueda_Luis_menor_san_cibrao
O presidente do Goberno galego en funcións, Alfonso Rueda, acompañado do presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asinan un convenio para a creación dunha área de estacionamento no Polígono de San Cibrao das Viñas
27 Feb 2024

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, puxo en valor hoxe a inclusión da área de estacionamento protexido para vehículos pesados que se construirá no polígono de San Cibrao das Viñas dentro da futura rede galega de aparcadoiros destas características que está impulsando o Goberno galego de forma pioneira en España.

Así o salientou hoxe durante o acto de firma do convenio entre a Xunta, a Deputación de Ourense e a Asociación de empresarios deste polígono industrial para poñer en marcha esta infraestrutura, cun investimento total de 500.000 euros, dos que a Administración autonómica achegará 300.000 euros.

Rueda adiantou que “antes de que remate 2024” os transportistas de vehículos pesados que fagan uso deste polígono contarán cun estacionamento protexido “de máxima categoría” e que lles vai garantir  “seguridade” e “os requirimentos de comodidades” co obxecto de facer “máis levadeiro un oficio tan duro coma este”.

Favorecer a incorporación de mulleres a un profesión masculinizada

Neste senso, o titular do Executivo de Galicia en funcións precisou que esta área contará cun total de 59 prazas que se integrarán na futura rede galega de aparcadoiros seguros para o sector do transporte. En concreto, estará dotada cun total de 1.500 prazas espalladas por todo o territorio.

Rueda incidiu en que o que se procura é mellorar a seguridade e comodidade dos transportistas nas súas paradas e descanso e fixo especial mención ao feito de que, ao favorecer esta contorna de seguridade, tamén se procura facer máis atractiva a profesión “para que se incorporen mulleres a esta profesión moi masculinizada”.

Así, por exemplo, a área de estacionamento de San Cibrao das Viñas contará con perímetro valado, cámaras de seguridade, zonas de descanso ou vestiarios. Ademais, está planificada tendo en conta a perspectiva de xénero para garantir tamén a máxima seguridade para as mulleres condutoras.

12 millón de euros para ampliación do Polígono de San Cibrao das Viñas

O presidente en funcións valorou o carácter estratéxico e “fundamental” desta infraestrutura, tanto para o desenvolvemento industrial da zona como á hora de apoiar un sector como o do transporte, que resulta fundamental -como demostrou na pandemia- e que representa en torno ao 1% do PIB galego.

Por iso, Rueda agradeceu a todos os implicados o seu compromiso e puxo en valor a importancia da colaboración entre administracións e entre a esfera pública e a privada á hora de poñer en marcha infraestruturas como esta, que redundan no beneficio de todos, xa que argumentou que favorecen o desenvolvemento e crecemento das empresas.

Por último, o titular en funcións do Executivo galego referiuse tamén a outras apostas que está facendo a Xunta pola localidade. En concreto, apuntou á ampliación do propio polígono, xa en tramitación e na que se prevén investir 12,5 millóns de euros. Nese senso, apuntou a “antes de que remate 2025” como a data que se prevé para que esta ampliación estea completamente desenvolvida.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17902302742004