San Cibrao das Viñas abre o prazo de inscrición para o programa Concilia 2025/2026

O Concello de San Cibrao das Viñas abriu o prazo de inscrición para o programa Concilia, destinado a familias que precisan compatibilizar o seu horario laboral co coidado dos fillos.
O programa desenvólvese de luns a venres en horario de 15:00 a 20:00 horas e está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. As inscricións poderán realizarse ata o 26 de agosto, tanto a través da sede electrónica do Concello como de maneira presencial.
O Concello anima ás familias interesadas a aproveitar esta oportunidade gratuíta para facilitar a conciliación familiar.