San Cibrao das Viñas abre o prazo para solicitar axudas para proxectos de enerxías renovables en vivendas

O Concello de San Cibrao das Viñas, a través do Servizo de Asesoramento Técnico, abriu o prazo para solicitar axudas destinadas a proxectos de mellora da eficiencia enerxética no sector residencial. As solicitudes poderán presentarse ata o 13 de marzo de 2026.
As subvencións cobren ata o 50 % do custo das actuacións relacionadas con enerxías renovables, como a instalación de sistemas de biomasa, bombas de calor ou enerxía solar térmica.
As persoas interesadas poden solicitar máis información ou tramitar a súa participación mediante cita previa no Concello de San Cibrao das Viñas, os mércores de 10:00 a 14:00 horas, a través do teléfono 988 381 034.