San Cibrao das Viñas acolle dúas xornadas para mellorar a calidade de vida das persoas con diabetes

A primeira terá lugar este martes e está aberta a toda a veciñanza interesada en participar
xornada-diabetes-san-cibrao
16 Mar 2026

San Cibrao das Viñas acollerá esta semana unhas xornadas tituladas “Vivir ben coa diabetes: alimentación, exercicio e coidado”, impartidas polo persoal do Centro de Saúde local.

A iniciativa busca ofrecer información práctica e orientada á cidadanía sobre como levar unha vida máis saudable, incorporando pequenos hábitos no día a día que axuden a mellorar a calidade de vida das persoas con diabetes.

As sesións celebraranse o 17 de marzo no Centro Social de San Cibrao e o 24 de marzo no Edificio Multiusos de Ponte Noalla, en horario de 10:00 a 11:30 horas. Desde o Concello animan a toda a veciñanza interesada a achegarse e aproveitar esta oportunidade para informarse sobre alimentación, exercicio e coidados que contribúan a un mellor manexo da diabetes.

0.13128018379211