San Cibrao das Viñas acolleu unha xornada sobre educación financieira do Banco de España

A iniciativa enmárcase nun programa de educación financeira que busca fortalecer os coñecementos e hábitos neste ámbito fundamental para a cidadanía
xornada-financieira-san-cibrao
Xornada ‘Coñece e planifica as túas finanzas da man do Banco de España’ en San Cibrao das Viñas
12 Jul 2025

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou este veenres na apertura da xornada ‘Coñece e planifica as túas finanzas da man do Banco de España’, organizada pola Rede de Polos en colaboración co Banco de España e Tecnópole. A xornada contou coa participación de expertos do Banco de España, que abordaron temas como a estabilidade financeira, estratexias de aforro e investimento, dereitos das persoas usuarias de servizos bancarios e medidas para previr o fraude, entre outros contidos clave. A iniciativa enmárcase nun programa de educación financeira que busca fortalecer os coñecementos e hábitos neste ámbito fundamental para a cidadanía.

Durante a súa intervención, Mariño destacou que este tipo de formacións representan unha oportunidade única para mellorar a educación financeira dos participantes, favorecendo o acceso a empregos de maior calidade e potenciando o desenvolvemento profesional. "Mellorar as competencias financeiras contribúe directamente a ampliar as oportunidades vitais e a mellorar a calidade de vida", subliñou.

Ademais, a directora xeral puxo en valor o labor da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego, que dende a súa posta en marcha en 2022 leva asesorado máis de 4.400 proxectos en toda Galicia. En concreto, nos polos situados na provincia de Ourense —O Barco, O Carballiño, Verín e Baños de Molgas— atendéronse ata a data máis de 820 iniciativas emprendedoras.

⚙ Configurar cookies
0.18327713012695