San Cibrao das Viñas activa a súa Brigada de Incendios para reforzar a prevención este verán

Coa chegada do verán, o Concello de San Cibrao das Viñas vén de poñer en marcha a súa Brigada de Incendios, un equipo que traballará na prevención e extinción de lumes forestais durante os meses de maior risco.
Esta actuación é posible grazas a un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia, que financia estas brigadas co obxectivo de protexer os montes e garantir a seguridade dos veciños.
Desde o Concello lembran a importancia de extremar as precaucións: evitar queimas, non realizar actividades que poidan provocar faíscas e non tirar cabichas ao chan. A prevención segue a ser a mellor ferramenta para loitar contra os incendios, insisten dende o goberno municipal.