San Cibrao das Viñas celebrou o Día do Usuario das Bibliotecas con premio para a persoa que máis préstamos realizou no 2025

Con esta iniciativa, o Concello quixo agradecer a todos os veciños e veciñas que contribúen a manter viva a biblioteca como un espazo de lectura e cultura para a comunidade
san-cibrao-das-viñas-premio-biblioteca
18 Jan 2026

O Concello de San Cibrao das Viñas celebrou o pasado 11 de xaneiro o Día do Usuario das Bibliotecas, unha xornada dedicada a recoñecer e agradecer aos usuarios polo seu apoio e fidelidade.

Neste marco, a alcaldesa entregou un agasallo especial á persoa que máis préstamos realizou na biblioteca durante o ano 2025: o libro “La Chica del Lago”, do autor Mikel Santiago. Desde o Concello agradecen a todos os veciños e veciñas que contribúen a manter viva a biblioteca como un espazo de lectura e cultura para a comunidade.

O Día do Usuario das Bibliotecas celébrase o 11 de xaneiro e ten especial relevancia en Galicia, con actividades que fomentan o uso dos recursos bibliotecarios, como sorteos e visitas guiadas.

⚙ Configurar cookies
0.068784952163696