San Cibrao das Viñas convoca a III edición do concurso “Unha muller, un traballo igualitario”

O Concello de San Cibrao das Viñas convoca a III edición do concurso “Unha muller, un traballo igualitario”, dirixido a escolares de 3 a 18 anos. A iniciativa enmárcase na celebración do Día Internacional da Muller e busca que os participantes realicen un debuxo que visibilice o papel das mulleres.
A técnica é libre, permitindo acuarelas, rotuladores, técnicas mixtas ou calquera outra elección artística. Os traballos poderán presentarse de forma presencial nas oficinas municipais ou por correo postal, acompañados da folla de inscrición obrigatoria, cuxa información completa está dispoñible na web do Concello.
O prazo de presentación rematará o 5 de marzo de 2026 ás 23:59 horas, e o concurso repartirá premios de ata 700 euros entre os mellores traballos.