San Cibrao das Viñas convoca o seu Concurso de Disfraces de Entroido 2026
OurenseXa
En total repartiránse ata 3.600 euros en premios

25 Jan 2026
O Concello de San Cibrao das Viñas convoca un ano máis o seu Concurso de Disfraces de Entroido, cuxo prazo de inscrición estará aberto desde o 20 de xaneiro ata o 6 de febreiro a través da web oficial do Concello.
O concurso contará con varias categorías para comparsas (mínimo 10 persoas), grupos (de 2 a 9 persoas), disfraces individuais para adultos e disfraces individuais infantís. En total repartiránse ata 3.600 euros en premios. Ademais, outorgarase un premio especial á comparsa que demostre un maior compromiso social.