San Cibrao das Viñas entregou os premios aos gañadores do I Concurso de Postais de Nadal

A primeira edición deste concurso celebrouse baixo o lema “A maxia do Nadal está no teu debuxo”
premios-concurso-nadal-san-cibrao
4 Jan 2026

O Concello de San Cibrao das Viñas deu a coñecer os gañadores do I Concurso de Postais de Nadal baixo o lema “A maxia do Nadal está no teu debuxo”, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade entre a rapazada do municipio.

As postais premiadas reflicten a ilusión, a imaxinación e o talento dos pequenos artistas participantes, que contribuíron a encher de espírito de Nadal na primeira edición do certame.

O acto de entrega de premios celebrouse coa presenza da alcaldesa, Marta Nóvoa, e das concelleiras Ana Moreiras e Vanesa Gallego, que felicitaron persoalmente ás persoas gañadoras e agradeceron a participación de todos os nenos e nenas que presentaron os seus traballos.

⚙ Configurar cookies
0.088482141494751