San Cibrao das Viñas entregou os premios do XIII Concurso de Fotografía de Nadal

Desde o Concello destacaron a gran creatividade e dedicación das propostas recibidas
premios-concurso-nadal-san-cibrao
31 Jan 2026

O Concello de San Cibrao das Viñas celebrou esta semana a entrega de premios do XIII Concurso de Fotografía de Nadal e do certame ás mellores decoracións de Nadal das vivendas do municipio, nun acto presidido pola alcaldesa Marta Nóvoa e a conselleira Ana María Moreiras.

Desde o Concello destacaron a gran creatividade e dedicación das propostas recibidas, que reflicten o compromiso e o espírito festivo da veciñanza. “É unha satisfacción comprobar a excelente acollida destas iniciativas, que contribúen a encher de vida e ilusión o Nadal no noso concello”, valoraron os responsables municipais.

⚙ Configurar cookies
0.080742120742798