San Cibrao das Viñas inicia esta semana unha campaña para aproveitar os restos de poda

OurenseXa
Os restos poderanse entregar a partir deste luns en distintos puntos do municipio
restos-poda
14 Dec 2025

O Concello de San Cibrao das Viñas pon en marcha esta semana unha campaña para aproveitar os restos de poda, convidando aos veciños a levar as súas ramas a diferentes puntos do municipio para transformalos en abono natural gratuíto.

Esta iniciativa busca dar unha segunda vida a estes restos, converténdoos en materia orgánica ideal para o coidado de hortos, plantas e compostaxe, ao tempo que se fomenta o respecto polo medio ambiente.

Os días 15 e 16 de decembro poderanse entregar as ramas no campo da festa de Vilanova, mentres que o 17 e 18 de decembro o punto habilitado será a lameira de Santa Cruz. Finalmente, o 19 de decembro estará dispoñible o campo da festa de Belmonte para esta recollida.

As persoas interesadas en participar ou que desexen máis información poden anotarse no Concello ou chamar aos teléfonos 988 381 034 e 669 551 464.

⚙ Configurar cookies
0.078448057174683