San Cibrao das Viñas inicia unha campaña de recollida de alimentos para persoas en situación de necesidade

Os lugares de recollida son a Biblioteca Municipal, o Campo de Fútbol do Polígono, o Ximnasio Municipal e a Aula Concilia
alimentos-primeira-necesidade
1 Dec 2025

O Concello de San Cibrao das Viñas pon en marcha unha campaña solidaria de recollida de alimentos destinada a apoiar ás persoas que máis o precisan no municipio. A veciñanza pode colaborar deixando os seus donativos en varios puntos habilitados para tal fin.

Os lugares de recollida son a Biblioteca Municipal, o Campo de Fútbol do Polígono, o Ximnasio Municipal e a Aula Concilia e a campaña estará activa ata o día de Reis.

Desde o Concello animan a toda a comunidade a participar nesta iniciativa, lembrando que “cada xesto conta” para axudar a mellorar a vida de quen máis o necesita.

⚙ Configurar cookies
0.097805023193359