San Cibrao das Viñas organiza obradoiros gratuítos de decoración de mesas de Nadal

O Concello de San Cibrao das Viñas organiza en decembro obradoiros gratuítos de decoración de mesas que se desenvolverán durante o mes de decembro en varios locais sociais do municipio.
Os obradoiros terán lugar no Centro Social de San Cibrao das Viñas os días 2 e 9 de decembro, no Local Social de Currás os días 4 e 11, e no Local Social de Santa Cruz os días 5 e 12, en todos os casos en horario de tarde, de 16:30 a 18:00 horas.
As inscricións están abertas ata o 28 de novembro e pódense realizar directamente nas oficinas do Concello ou a través do teléfono 988 381 034. Esta actividade forma parte do compromiso do Concello por promover espazos de encontro e aprendizaxe, especialmente en datas tan sinaladas como o Nadal.