San Cibrao das Viñas organiza un acto en O Piñeiral para conmemorar o 25N

Será este sábado e incluirá un concerto a cargo de A voz das Mouras
25-san-cibrao
21 Nov 2025

O Concello de San Cibrao das Viñas organiza este sábado, 22 de novembro, ás 17:30 horas no Local Social de O Piñeiral, un acto conmemorativo no marco do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que se celebra o 25 de novembro.

A programación incluirá a actuación musical de A voz das Mouras, un concerto con linguaxe inclusivo que porá a música como ferramenta de sensibilización. Tras a actuación, realizarase unha charla-coloquio con María Puga Fidalgo e haberá un aperitivo entre os participantes.

⚙ Configurar cookies
0.087272882461548