San Cibrao das Viñas organiza unha excursión cultural a León
OurenseXa
Será os días 20 e 21 de setembro e está dirixida a persoas maiores de 18 anos empadroadas no municipio

28 Jul 2025
O Concello de San Cibrao das Viñas vén de anunciar a organización dunha saída cultural a León, que se celebrará os días 20 e 21 de setembro. A actividade está dirixida a persoas empadroadas no municipio maiores de 18 anos.
A saída terá lugar o venres 20 de setembro ás 7:00 horas desde a Praza do Concello. As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición. As persoas interesadas poderán inscribirse do 4 ao 8 de agosto no propio Concello.