San Cibrao das Viñas organiza unha Xornada de Defensa Persoal e Autodefensa co gallo do 25-N
OurenseXa
A actividade terá lugar o 23 de novembro e está dirixida a mulleres maiores de 16 anos
11 Nov 2024
O próximo 23 de novembro no Concello de San Cibrao das Viñas, terá lugar unha Xornada de Defensa Persoal e Autodefensa dirixida a mulleres co gallo do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.
O evento está pensado para promover a seguridade entre as veciñas e poderán anotarse todas aquelas mulleres empadroadas en San Cibrao das Viñas a partir de 16 anos, que poderán ir acompañadas dos seus fillos e fillas.
O prazo de inscrición estará aberto desde este martes, 12 de novembro, e ata o próximo 18 de novembro na páxina web do Concello de San Cibrao. O curso desenvolverase en horario de mañá, entre as 11.00 e as 13.00 horas.