San Cibrao das Viñas pechará o vindeiro luns o prazo para anotarse na visita de Papá Noel á vila

O Concello de San Cibrao das Viñas anunciou que o venres 19 de decembro, ás 17:00 horas no Pavillón Municipal, os máis pequenos poderán recibir a visita de Papá Noel, un dos momentos máis esperados do ano.
As inscricións estarán abertas ata o 27 de outubro nas oficinas do Concello e poderán anotarse nenos e nenas de entre 0 e 10 anos (nados entre 2015 e 2025), sempre que o neno ou algún dos proxenitores estean empadroados no concello.
Entre os requisitos para formalizar a inscrición, será necesario presentar unha fotocopia do libro de familia ou do DNI do neno. No caso de que o menor non estea empadroado, a presentación desta documentación será obrigatoria.
O Concello anima ás familias a non perder esta oportunidade única para compartir unha tarde de ilusión e diversión coa visita de Papá Noel.