San Cibrao das Viñas prepara unha tarde de Halloween chea de diversión e sustos

Será este venres no Pavillón Municipal e estará destinada a todas as idades
cabaza-Samaín
29 Oct 2025

O Concello de San Cibrao das Viñas organiza o 31 de outubro un evento de Halloween para todas as idades no Pavillón Municipal, que se desenvolverá de 18:00 a 21:00 horas.

A actividade principal será o Rueiro do Terror, un percorrido polas rúas entre as 18:30 e as 19:30 horas, pensado para quen busque un Halloween máis terrorífico. Para os máis pequenos haberá inchables e xogos, e ao longo da tarde tamén se ofrecerán aperitivos e a tradicional queimada.

O Concello convida a todos os veciños e veciñas a participar nesta cita festiva, que combina diversión, emoción e tradición.

⚙ Configurar cookies
0.075201988220215