San Cibrao das Viñas presenta "A Gran Peregrinación"
O domingo 28 de abril terá lugar "A Gran Peregrinación, camiño de San Rosendo e Rainha Santa", que consta dun total de oito andainas con saída dende diversos concellos da provincia de Ourense.
Na comarca de Ourense, as andainas sairán dende A Merca, San Cibrao e Celanova, que será ademáis o punto de remate de todas as rutas.
No Concello de San Cibrao das Viñas, a ruta sairá da Cruz de Rante ás 9.00 horas da mañá. Á mesma hora terán lugar outras dúas saída dende A Merca e dende Celanova. O percorrido das dúas últimas será de 11 kilómetros, mentres que a de San Cibrao será un pouco máis curta, de 9 kilómetros.
Todas as andainas pararán no Mosteiro de San Rosendo, en Celanova, onde entregaranse os premios do Concurso Escolar "Debuxa o teu Camiño", que rematarán cunha actuación musical. Ao fin da actividade, os participantes serán trasladados en autobús ao punto de partida.
As inscricións para escoller os diferentes tramos do "Camiño" estarán abertas abertas dende o 22 de abril.