San Cibrao das Viñas presenta a súa programación completa para este Nadal

A programación inclúe citas destacadas, como a chegada de Papá Noel e os seus elfos o 19 de decembro, ou a dos Reis, o día 4
programa-nadal-san-cibrao-das-viñas
10 Dec 2025

O Concello de San Cibrao das Viñas deu a coñecer a súa programación de Nadal para o período 2025/2026, unha proposta que inclúe actividades pensadas para toda a familia, con obradoiros creativos e diferentes espazos de lecer dirixidos especialmente á infancia.

Como cada ano, a Aula Concilia permanecerá aberta durante as vacacións escolares, e tamén se pon en marcha unha nova edición do Campamento de Nadal, pensado para facilitar a conciliación das familias e ofrecer alternativas de ocio educativo aos máis pequenos.

A programación inclúe citas destacadas, como a chegada de Papá Noel e os seus elfos o 19 de decembro, unha visita moi agardada polos nenos e nenas do municipio. Dous días despois, o 21 de decembro, celebrarase a tradicional Carreira de Nadal, cuxo prazo de inscrición está aberto ata o 17 de decembro.

A axenda festiva pecharase o domingo 4 de xaneiro coa visita dos Reis Magos, que estarán na Praza do Concello a partir das 18:00 horas para saudar á veciñanza e recoller as ilusións dos máis pequenos.

⚙ Configurar cookies
0.057193040847778