San Cibrao das Viñas presenta o programa de obradoiros de Nadal

O Concello de San Cibrao das Viñas organiza unha programación especial para estas festas de Nadal, co obxectivo de fomentar a participación de toda a veciñanza empadroada no municipio. Entre as actividades destacadas, ofreceranse obradoiros gratuítos en diferentes puntos do concello.
A primeira cita será no Edificio Multiusos de Ponte Noalla os días 24 de novembro e 1 de decembro. As actividades continuarán na Escola de Soutopenedo o 28 de novembro e 5 de decembro, e no Local Social de O Picouto os días 3 e 10 de decembro.
Cada obradoiro abordará unha temática diferente, como a elaboración de aperitivos creativos de Nadal ou a fabricación de candeas, e desenvolveranse en horario de 16:30 a 18:30 horas.
Desde o Concello lembran que as prazas son limitadas e que as inscricións estarán abertas do 12 ao 17 de novembro nas oficinas municipais ou a través do teléfono 988 381 034.