San Cibrao das Viñas remata as obras en Reboredo e Soutopenedo
OurenseXa
Os traballos tiveron como obxectivo crear espazos máis seguros e cómodos para todos os veciños e vecinas
Rematan as obras en Reboredo e Soutopenedo
27 Mar 2024
O Concello de San Cibrao das Viñas informa de que as obras en Reboredo e Soutopenedo finalizaron no día de one, martes, 26 de marzo.
Representantes do Concello visitaron as obras na Praza Cruceiro de Reboredo e na Praza Ramón María en Soutopenedo, destacando que o obxectivo fundamental destes traballos foi o de crear espazos máis seguros e cómodos para todos os veciños e vecinas.