San Cibrao presenta as actividades do programa 'Concilia' para este verán
O Concello de San Cibrao das Viñas organiza, un ano máis, o programa 'Concilia' previsto para este verán, que contará con actividades para nenos e nenas entre o 14 de xuño e o 10 de setembro e que está destinado a aquelas familias con fillos que precisen compatibilizar os seus horarios laborais e familiares.
Por unha banda, o Concello pon en marcha a Aula Concilia, dirixida a nenos de entre 3 e 14 anos, que terá lugar de luns a venres entre as 7.30 e as 14.30 horas.
Ademais, San Cibrao acollerá o Campamento Galideporte 2024, que se levará a cabo nas instalación deportivas de Ponte Noalla e de Soutopenedo entre o 1 e o 24 de xullo e que está enfocado a nenos e nenas de 6 a 14 anos.
As incricións estarán abertas deste este venres, 24 de xuño, ata o 10 de xuño