San Tomé, un espectacular xacemento arqueolóxico a 3 quilómetros de Ourense

OurenseXa
O Castro de San Tomé é unha das grandes xoias da arqueoloxía da provincia de Ourense, situado a tan só 3 quilómetros do centro da capital
Castro de San Tomé (Ourense)
12 Maio 2024

Situado sobre un risco a tan só 3 quilómetros do centro de Ourense, o Castro de Santomé é unha das grandes xoias da arqueoloxía da provincia.

O xacemento é un dos poucos exemplos da Península onde se observa convivencia entre a cultura castrexa da Idade de Ferro e a cultura romana. Situadas a dúas alturas diferentes, a parte máis elevada do castro é a máis antiga de todas, contando coas características estructuras circulares da cultura castrexa, mentres que na parte inferior pódense apreciar construccións que datan dos séculos I e V d.C, cunha marcada influencia romana.

A súa localización, na cima do monte, otrorgáballe un excelente carácter defensivo e, hoxe en día, convírteo nun dos principais atractivos turísticos para os amantes da natureza, grazas ás espectaculares vistas de Ourense que se observan dende o alto.

Rodeado dun bosque tradicional do val ourensá, son numerosas as especies de árbores que se extenden polos seus arreores, nos que tamén poden observarse as chamadas "marmitas de xigante", unhas características estruturas cilíndricas de gran tamaño formadas no leito rochoso do río.

 

Vistas de Ourense dende a cima do Castro de San Tomé
0.14491486549377