Santa Cruz de Arrabaldo celebrará as súas festas ente o 2 e o 4 de maio

O barrio ourensán de Santa Cruz de Arrabaldo celebrará as súas festas do 2 e o 4 de maio de 2025, cun programa de actividades onde a música e a gastronomía serán as protagonistas.
O programa arrancará o venres co ‘Arrabaldo Fest’, aamenizado pola música da Gramola. O sábado pola tarde, os postos abrirán ás 20.00 horas e posteriormente haberá unha verbena co grupo Horizon e A Gramola.
O domingo, as celebracións comezarán pola mañá coa tradicional misa solemne e procesión. Ao rematar, haberá unha sesión vermú amenizada pola música da agrupación Santádega de Coles, que tamén dará un concerto pola tarde. Ademais, será día de Romaría na Carballeira, con postos de comida, degustación de viños e xogos para nenos. A festa rematará ás 21.30 horas coa actuación da orquestra Panorama City