Santa Mariña do Monte celebrará as súas festas do 12 ao 21 de xullo

OurenseXa
Campionatos de tute, música, baile e outras actividades completarán o programa deste ano
festas-santa-mariña-do-monte
6 Jul 2025

A parroquia ourensá de Santa Mariña do Monte celebrará as súas tradicionais festas do 12 ao 21 de xullo. O programa comezará o sábado 12 cun campionato de tute que se desenvolverá no campo da festa.

As actividades continuarán o venres 18 cun pasarrúas a cargo dun grupo de gaitas, seguido dunha misa solemne con procesión e dunha sesión vermú amenizada pola banda de gaitas. Pola noite celebrarase a Festa da Xuventude, protagonizada por Gramola Tour Life 360.

O sábado 19 estará dedicado aos máis pequenos cunha festa infantil e unha divertida festa da escuma. Xa pola noite haberá música de baile con Disco Móbil Show e unha verbena co grupo Tattoo & Disco Móbil Show.

O domingo 20 repetirase o pasarrúas e a misa solemne con procesión, seguidos dunha nova sesión vermú. Pola tarde disputarase a final do campionato de tute e chave, e para pechar o día, a orquestra Furia Joven de Canarias animará a festa nocturna.

Finalmente, o luns 21 as celebracións concluirán cunha pulpada popular amenizada polo trío Vaivén.

⚙ Configurar cookies
0.17114186286926