Sarabela Teatro chega a Celanova para presentar 'O dragón de Ouro'

OurenseXa
A función será este sábado ás 19.30 horas no Auditorio Municipal Ilduara
sarabela-teatro-dragon-de-ouro
'O dragón de ouro', Sarabela Teatro
27 Abr 2024

Sarabela Teatro dubirase ao escenario do Auditorio Municipal Ilduara, en Celanova, este sábado ás 19.30 horas, onde presentará o seu exitoso espectáculo 'O dragón de ouro'. A entrada será de balde ata completar o aforo.

Baixo a dirección de Ánxela Cuña e con tradución de Catuxa López Pato, para a que se contou coa colaboración do Instituto Goethe, a obra preséntase como unha “traxedia contemporánea performática con elementos grotescos”. Aborda temas como a emigración ilegal, a explotación laboral dos “sen papeis” e o desexo de cambiar as condicións de vida. A posta en escena mestura performance e comedia cun estilo narrativo cinematográfico, polos seus cortes rápidos e fundidos cruzados.

A trama desenvólvese cando unha noite, nun edificio de varios pisos nun lugar de Europa, un mozo chinés sofre unha forte dor de moas na cociña do restaurante de comida rápida O dragón de ouro. Non ten permiso de residencia e tampouco atopa á súa irmá desaparecida... A partir desa escena, a peza transita polos distintos andares do edificio e das historias dos personaxes que o habitan.

 

0.18220686912537