Sarabela Teatro levará a Allariz o seu espectáculo "Made in Galiza"

OurenseXa
A cita terá lugar este domingo, 7 de abril, na Casa da Cultura de Allariz
made_in_galiza_sarabela
2 Abr 2024

A compañía Sarabela Teatro levará a Allariz este domingo, 7 de abril, a obra "Made in Galicia". O espectáculo terá lugar ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Allariz e a entrada será de balde ata completar o aforo.

A obra, escrita polo padronés Séchu Sende, está dirixida por Fina Calleja .

Sinopse

Como quen se deixa roubar o seu tesouro máis prezado, a actitude das galegas e dos galegos respecto á súa lingua non “resistiría” ningunha análise. E será que o galego é a lingua máis difícil do mundo? E será de deberemos constituír unha oficina de palabras perdidas? Palabras perdidas, roubadas… Fronte ao “es que no me sale”, “es que no se me da” “MADE IN GALIZA” é un convite á República Independente da nosa  língua. Non imos perdela nin en soños!

A obra de Sende abre as portas ao humor reflexivo, á poética ao alcance de todo o mundo, a través dun texto que move e conmove. O teatro feito emoción, sentimento, plasticidade, e confronto. Cada historia  é diferente e está protagonizada por personaxes retranqueiros, combativos, tenros, cómicos e poéticos. Aguerrida defensa da língua galega.

0.16070318222046