SEDAR inaugura en Ourense o curso “Soporte Vital Avanzado”

OurenseXa
O obxectivo deste curso, dirixido a 16 profesionais sanitarios de toda Galicia, é o de capacitar aos alumnos para identificar as causas do paro cardíaco
sergas_curso_ourense
SEDAR inaugura en Ourense o curso “Soporte Vital Avanzado”
5 Abr 2024
Este venres, 5 de abril, inaugúrase o curso de “Soporte Vital Avanzado” organizado pola SEDAR (Sociedade Española de Anestesioloxía, Reanimación e terapéutica da Dor) e recoñecido pola ERC (European Resuscitation Council) baixo a Dirección do Anestesista da Clínica Universitaria de Navarra, Pablo Monedero, e a participación do anestesistas do Hospital Universitario de Ourense, Concepción Alonso e Pablo González Montes.
O obxectivo deste curso, eminentemente práctico, dirixido a 16 profesionais sanitarios de toda Galicia, é o de capacitar aos alumnos para identificar as causas do paro cardíaco, recoñecer aos pacientes en perigo de deterioración e manexar tanto o paro cardíaco como os problemas "peri paro" que se atopan na primeira hora aproximadamente despois da reanimación inicial dun paro cardíaco, segundo os algoritmos de Soporte Vital Avanzado do ERC.
0.19110989570618