Desconvócase a folga de transportes prevista para este luns

OurenseXa
A folga afectaría ás liñas 1, 5, 6, 7, 10 e 15
autobuses-urbanos-ourense-pavillon-dos-remedios
8 Dec 2024

Desconvocada a  folga de ámbito estatal do sector de transporte afectaría o luns, día 9 de decembro, a 6 liñas do servizo municipal de autobuses de Ourense. Son concretamente as liñas número 1 (Seixalbo – Quintela Eirasvedras), a 5 (Reza – Ceboliño), a 6 (Estación de autobús antiga – Carlos Velo), a 7 (Covadonga – A Valenzá), a 10 (Cabeza de Vaca – Velle) e a 15 (Santa Cruz – Parque de San Lázaro).

O decreto de servizos mínimos aprobado polo Concello establece que se prestará servizo cun 1 vehículo en cada unha das liñas do servizo municipal 1-2-3-4-5-9- 10-11A-11B-12-13A-13B-14-15-16-C17-18-20-21-22-26-27-33, e con 2 vehículos nas liñas 6 e 7. Tamén garantirase o último e o primeiro horario de cada servizo.A folga de ámbito estatal do sector de transporte prevía paros (xa celebrados) os días 28 de outubro, 11, 28 e 29 de novembro, ademais do 5 de decembro (que foi finalmente desconvocado), e o luns, 9 de decembro, con duración indefinida a partir do 23 de decembro, de ser o caso.Os traxectos dos servizos mínimos realizaranse de forma completa.

A folga de ámbito estatal do sector de transporte prevía paros (xa celebrados) os días 28 de outubro, 11, 28 e 29 de novembro, ademais do 5 de decembro (que foi finalmente desconvocado), e o luns, 9 de decembro, con duración indefinida a partir do 23 de decembro, de ser o caso.

⚙ Configurar cookies
0.74930214881897