Seixalbo prepárase para a XIX edición da Festa dos Foros

Seixalbo prepárase xa para unha nova edición da Festa dos Foros. Unha cita imprescindible no calendario da veciñanza desta vila ourensá que este ano terá lugar o sábado 28 de xuño.
A Comisión de Festas dos Foros de Seixalbo organiza un extenso programa de actividades que comezarán cun xantar veciñal. Pola tarde, a festa arrancará cunha actuación das Cantareiras de Seixalbo ás 18:30 horas, e continuará ás 19:00 horas cunha foliada e ruada polas adegas, que estará amenizada polos Cantares da Cuña e Celavella.
As 20:00 horas, o grupo Quinkillada dará un concerto e, ao remate, a festa pecharase coa Revolta Sonora a cargo de Tropical Boy e Capitan Slow.