Sergio Alba leva este domingo a Allariz o seu espectáculo 'Dous rombos… Pasa para a cama'

OurenseXa
O show terá lugar ás 19:30 horas na Casa da Cultura
sergio-alba-dous-rombos
27 Dec 2025

O humorista Sergio Alba levará este domingo a Allariz o seu espectáculo 'Dous rombos… Pasa para a cama', unha proposta que convida ao público a mirar cara ao pasado cun sorriso e moita retranca. O show terá lugar ás 19:30 horas na Casa da Cultura de Allariz.

Trátase dun espectáculo no que a nostalxia xoga un papel fundamental, recuperando lembranzas dunha época marcada polos cambios sociais e culturais, desde a televisión en branco e negro ata a chegada da cor, ou aqueles momentos nos que dous rombos na pantalla anunciaban que chegara a hora de ir para a cama. A través do humor, Sergio Alba propón revisar non só os recordos máis entrañables, senón tamén aquelas situacións das que, co paso do tempo, talvez non nos sentimos tan orgullosos.

A proposta anima a desconectar por un intre da rutina dixital actual e a rir do noso lado máis analóxico, nun espectáculo pensado para todos aqueles que queiran recoñecerse nesas vivencias compartidas.

⚙ Configurar cookies
0.07799506187439