Taboadela acollerá a VI Xuntanza de Clásicos o 19 de abril

A Escudería Taboadela organiza unha nova edición da “VI Xuntanza Clásicos Taboadela”, unha cita xa consolidada entre os afeccionados ao mundo do motor e aos vehículos históricos.
O encontro terá lugar o 19 de abril de 2026 e reunirá a persoas apaixonadas polos coches clásicos, nun evento que se mantén como referencia dentro deste tipo de iniciativas na zona.
As inscricións para participar permanecerán abertas ata o 14 de abril, permitindo ás persoas interesadas formalizar a súa participación con antelación á celebración do evento.