Taboadela organiza obradoiros de defensa persoal con motivo do 8M

O Concello de Taboadela anunciou a apertura de inscricións para os obradoiros de defensa persoal que se celebrarán os días 7 e 8 de marzo, no marco do Día Internacional da Muller. As actividades están dirixidas tanto a mulleres como a nenas e nenos de entre 7 e 16 anos, co obxectivo de aprender técnicas básicas de autoprotección, gañar confianza e desfrutar dun tempo de lecer activo.
O Concello informa que as inscricións permanecerán abertas ata o 5 de marzo e realizaranse directamente nas súas oficinas, dando prioridade ás persoas empadroadas en Taboadela. Ao rematar os obradoiros, ofrecerase un pequeno aperitivo para compartir entre as persoas participantes.