Taboadela organiza un obradoiro creativo para decorar cabazas
OurenseXa
Será o sábado 25 de outubro, en horario de mañá, na Casa de Oficios

18 Oct 2025
O Concello de Taboadela prepara un obradoiro creativo destinado a decorar cabazas de forma orixinal e colorida que terá lugar o sábado 25 de outubro, ás 10:30 horas, na Casa de Oficios de Taboadela.
Durante a xornada, os participantes poderán empregar flores, cores e toda a súa imaxinación para crear cabazas únicas, lonxe do tradicional enfoque de medo.
O obradoiro ten un custo de 25 euros, cos materiais incluídos, e as persoas interesadas poden reservar a súa praza directamente no Concello ou a través de WhatsApp no 662 661 425.