Taboadela organiza un obradoiro de bisutería en arxila polimérica

OurenseXa
Terá lugar os días 11 e 18 de abril na Casa da Cultura
bisuteria-arcillaa
30 Mar 2026

O Concello de Taboadela ofrecerá un obradoiro de bisutería en arxila polimérica durante dúas mañás, os días 11 e 18 de abril, na Casa da Cultura do municipio. A actividade desenvolverase en horario de 10:00 a 12:30 horas.

O obradoiro está deseñado para persoas sen experiencia previa e permitirá aprender a modelar a arxila polimérica, cocer as pezas e montar a propia bisutería, creando pendentes únicos desde cero. Os grupos serán reducidos, de 6 a 12 persoas, e o prezo de inscrición é de 45 euros.

A proposta é ideal para elaborar un detalle orixinal para o Día da Nai ou para desfrutar dun tempo creativo persoal. As inscricións poden realizarse a través do Concello de Taboadela, por WhatsApp no 602 606 1425.

0.15185594558716