Taboadela organiza unha excursión a Pazolandia o 26 de decembro

O Concello de Taboadela ten abertas as inscricións para participar na tradicional excursión a Pazolandia, que nesta edición 2025-2026 se celebrará o venres 26 de decembro. A actividade está dirixida a todos os nenos e nenas empadroados no municipio, así como a aqueles que conten con polo menos un proxenitor empadroado en Taboadela.
A saída terá lugar ás 10:00 horas desde a Praza do Concello, e o regreso está previsto sobre as 14:30 horas. Os menores de 6 anos deberán ir acompañados obrigatoriamente por unha persoa adulta, que deberá adquirir tamén a súa entrada.
O prazo de inscrición permanece aberto ata o 15 de decembro e pode formalizarse tanto de maneira presencial nas oficinas municipais como por teléfono no 988 43 93 15. Para completar a inscrición é necesaria a entrega da autorización correspondente, dispoñible na páxina web do Concello. Dado que as prazas son limitadas, terán prioridade as familias empadroadas no municipio.
A actividade será gratuíta para os menores empadroados en Taboadela, mentres que aqueles que non o estean deberán aboar 4 euros o mesmo día da excursión, antes de acceder ao autobús.