Taboadela organiza unha nova edición da ‘Aula concilia de verán’

O Concello de Taboadela organiza unha nova edición da ‘Aula concilia de verán’, unha iniciativa que ten como obxectivo proporcionar actividades de carácter lúdico e educativo aos nenos e nenas do Concello, así coma promover a conciliación entre as familias do municipio.
En total, ofértanse 10 prazas para nenos e nenas de entre 4 e 16 anos empadroados no Concello de Taboadela. As solicitudes poden presentarse ata o 15 de xuño de forma presencial na Biblioteca, en horario de 9.00 a 10.00 ou de 17.00 a 19.00 horas.
As actividades desenvolveranse en horario de 9.00 a 13.00 horas entre o 23 e o 31 de xuño