Taboadela repartiu máis de 500 euros en premios no Entroido 2026

OurenseXa
Dende o Concello destacan o esforzo e a creatividade dos participantes deste ano
concurso-disfraces-entroido-taboadela
20 Feb 2026

O Concello de Taboadela repartiu este ano un total de 540 euros en premios no seu concurso de Comparsas e Disfraces do Entroido de 2025.

Nesta edición, os premios foron asignados en distintas categorías. Na sección de comparsas, o recoñecemento á máis numerosa foi para Xardín da Rabeda, mentres que a comparsa considerada a mellor foi Tribu Comanche, recibindo ambas un premio de 120 euros cada unha.

No apartado de disfraces individuais para adultos, o galardón ao máis orixinal e simpático foi para Piedra, Papel y Tijera, e o premio ao máis vistoso e laborioso correspondeu inicialmente a El Joven Numunu, aínda que, debido a un erro na interpretación das bases, concedéuselle un premio adicional de 60 euros a A Garda Incivil.

Pola súa banda, entre os disfraces individuais infantís, A Flor da Rabeda resultou gañadora do premio ao máis orixinal e simpático, e A Nena Bala foi recoñecida como o máis vistoso e laborioso, recibindo ambos 60 euros.

⚙ Configurar cookies
0.086982011795044