Tai Chi na rúa festexa os seus 40 anos de traxectoria

O primeiro tenente de alcalde e presidente do Consello Municipal de Deportes, Anibal Pereira, recolleu de mans do Mestre José Gago, da Escola de Artes Chinesas Dinamic, unha distinción coa que se pretende recoñecer o apoio a Tai Chi na rúa por parte do concello de Ourense e CMD.
É unha iniciativa que conta con 40 anos de recoñecemento e á que puideron acceder máis de 8.000 veciños ourensáns.
Anibal Pereira agradeceu en nome do Concello o recoñecemento, manifestou a vontade da institución municipal en continuar apoiando esta actividade tan saudable e que tanta aceptación conta entre a veciñanza.