"Tarzán, o Musical" chega ao Auditorio Municipal de Ourense

OurenseXa
A primeira adaptación ao galego deste coñecido musical chega a Ourense este domingo
TARZAN_auditorio_Ourense 2
Cartel
2 Mar 2024

O Auditorio Municipal de Ourense acollerá este domingo ás 17.00 horas o musical "Tarzán", orientado aos máis pequenos da cidade.

"Tarzán, o Musical", é a primeira tradución e adaptación ao galego. É un espectáculo para público familiar, baseado na novela “Tarzán dos monos” (Tarzan of the Apes) de E. Rice Burroughs, centrado no personaxe ficticio dun neno orfo criado por gorilas na xungla; unha aventura épica completa de emocións e dinamismo e no que se exaltan sentimentos como a necesidade de pertenza e aceptación, a familia e o amor.

Sinopse

Tras un naufraxio na costa de África Occidental, un neno orfo é acollido por unha familia de gorilas que deciden chamalo Tarzán. O neno crecerá loitando pola aceptación do seu pai simio e polo intento constante de ser un mono e adaptarse a pesar das diferenzas.

Co tempo, unha expedición humana viaxa ao territorio da súa manda e atópase por primeira vez con criaturas como el.

Coñece a Jane, unha moza naturalista inglesa, da que se namora, sen saber que o séquito que a acompaña planea matar os gorilas.

Tarzán descobre que a súa educación animal choca cos seus instintos humanos, nunha contorna idílico en plena selva, cheo de aventuras e extraordinaria beleza.

0.22327303886414