The Darts aterrizará este mércores en Ourense

OurenseXa
O grupo de garage rock estadounidense, The Darts, chega ao escenario do Café Cultural Auriense este mércores, 18 de xuño
The Darts
16 Xuño 2024

O grupo de garage rock estadounidense, The Darts, chega ao escenario do Café Cultural Auriense o 18 de xuño ás 21.00 horas.

A banda formada en 2026 por catro mulleres conta con con dous discos ás súas costas e un gran percorrido nos escenarios de todo o mundo. Os seus integrantes subíronse aos escenarios con artistas con bandas como The Living End, os Longshot de Billie Joe Armstrong, Turbonegro ou The Dead Kennedys.

A cita serve de aperitivo para unha semana repleta de música e festexos con motivo das Festas de Ourense que comezan, precisamente, o xoves e que contarán coa actuación de Celtas Cortos e orquestras como a París de Noia ou o Combo Dominicano.

0.13800096511841