The-Sastre Teatro estreará a súa nova obra ‘e-Mérito’ en Barbadás

OurenseXa
Será o venres 6 de xuño na Sala Manuel María
the-sastre-emerito-barbadas
Cartel de 'e-Merito' de The-Sastre Teatro
3 Jun 2025

A Sala Manuel María de Barbadás acolle este venres, ás 20:00 horas, a estrea de “e-MÉRITO”, a nova proposta da compañía The-Sastre Teatro. A función está dirixida a todos os públicos e forma parte da programación cultural organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Barbadás.

“e-MÉRITO” é unha comedia con toques de fábula contemporánea. A historia comeza nun escenario de fantasía, cando un Príncipe e unha Princesa, tras visitar un circo, deciden abandonar a súa vida pública para refuxiarse nunha praia afastada. O desexo de fuxir dos convencionalismos sociais e procurar unha vida máis auténtica guía o fío da obra.

Con un ton livián pero reflexivo, o texto propón unha ollada á tensión entre a realidade e os soños persoais. A frase final da obra, “Isto puido pasar…, ou non”, deixa no aire unha invitación a que o público cuestione o vivido e o imaxinado.

A entrada é de balde, pero é necesario recoller invitación previa na Casa da Cultura de Barbadás.

⚙ Configurar cookies
0.22001886367798